27/01/2015 - Palestra sobre a igualdade na RSP de Vigo

Ca poñente Eva Solla Fernández (parlamentaria galega de AGE por EU-IU) na RSP de Vigo falouse da #igualdade de xénero. 
 
Partindo dunha análise histórica dos orixes da desigualdade entre home e muller que hoxe inda pervive, Eva expuso a evolución dos roles, que xa na prehistoria lle asinaban á muller parir e levar a casa, cando o ser human se fixo sedentario. Inda que a Revolución Industrial deu pé á entrada da muller no mundo laboral non foi ate fai pouco cando, grazas en boa medida ós movementos feministas, se produciron avances reais, pero moi lonxe do ideal inda. 
 
Deste xeito pervive unha cultura na que o machismo permea a sociedade dende os mass media ate a intimidade do fogar, e iso supón unha desigualdade que reparte quen ten o mando da tele ou o pau da basoira, ou sexa a discriminación no fogar á que se lle engade a laboral por razón de xénero. Nos últimos anos, en boa medida polo abandono das políticas públicas en prol da igualdade, os tímidos avances que se diran corren perigo, algo no que houbo un práctico consenso entre todos os asistentes. 
 
Unha enquisa do CIS reflexa ise retroceso: ó redor de 1 de cada 3 xóvenes de entre 15 e 29 anos manifestan en maior ou menor medida unha condescendencia ca desigualdade de xénero. Cadaquén expuso as súas ideas sobre a problemática, aportando tamén solucións, que en boa medida teñen que ver ca educación. Mentres non se ensine a igualdade tanto nas escolas como na casa será difícil que logo as e os cativos a practiquen o seren adultos. A violencia de xénero, tema que tamén se abordou, non deixa de ser unha das formas máis extremas de discriminación que en moitos casos acaba cunha morta. 
 
Ó remate da charla Eva departiu cos asistentes na casa e Oscar González ate nos adicou un tema ó son da guitarra.